domingo, 13 de mayo de 2018

Letras Galegas 2018

            Este ano adícase o Día das Letras Galegas a autora María Victoria Moreno. Imos contar un pouco quen foi esta autora e nos próximos días acercarémosvos os  traballos que fomos realizando no cole.

           María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941) estudou Filoloxía Románica en Madrid. En 1963 conseguiu unha praza de profesora interina no instituto Valle-Inclán, descubriu a súa vocación pola docencia, gañou as primeiras oposicións que se convocaron e estableceuse definitivamente en Galicia. Xubilouse como Catedrática de Literatura Española no Instituto Torrente Ballester de Pontevedra e estivo casada co tamén escritor Pedro Ferriol, adícouse a escribir e pescudar facetas da vida que en etapas anteriores lle estiveron vedadas polas obrigas familiares e laborais.
               A identificación de María Victorias coa nosa cultura e coa nosa fala foi tan intensa que de seguida aprendeu o galego e converteuno na súa lingua. A súa obra literaria goza dunha consideración que sobardou o ámbito galego, como o demostran as traduccións dos seus libros a outras linguas. Unha parte dela son contos e novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil. Entre os seus títulos máis coñecidos figuran: Mar adiante, Novísimos da poesía galega, Leonardo e os fontaneiros, Festa no faiado, O cataventos, A brétema, Literatura século XX, Anagnórise —na lista de honra do IBBY de 1990—, Prosa e verso, As linguas de España, Eu non teño medoGuedellas de seda e liño —White Raven, do Centro Internacional de Lectura de Munich, 2002—, Amigos de mil colores ou Diario da luz e a sombra, onde fai unha aposta pola esperanza dende a súa experiencia como enferma de cancro de mama. Como os pioneiros —Carlos Casares, Paco Martín— tivo un primeiro premio de "O Facho", en 1975.
     Os seus libros singularizan a María Victoria Moreno como unha das máis prestixiosas escritoras galegas, tanto en Galicia como no resto do país.


No hay comentarios: